Thursday 02 de May de 2024

Cen Sabores álzase co trofeo do I Torneo de Básket 3×3


 

Cen Sabores e Queique foron o primeiro e segundo equipo clasificados respectivamente no I Torneo de Básket 3×3 organizado polo Concello de Ordes. No caso da terceira posición compartírona o Equipo A e o Coruños.

Durante a tarde do venres e a mañá de hoxe sábado o pavillón Castelao II foi lugar de encontro para xogadores e afeccionados ao básket. Unha ubicación diferente da elexida inicialmente, a pista multideporte do Campo da Feira, debido ás condicións meteorolóxicas.

Nesta primeira edición do torneo participaron oito equipos, todos eles pertencentes á categoría de maiores de 18 anos. Ademais dos vencedores as aliñacións de Jordanos, Vanir Tattoo, Balón no Cesto e Consello de Sabios tamén recibiron os seus trofeos de participación.